jueves, 29 de mayo de 2008

a casa misteriosa


Raquel era unha bruxa que vivía nunha casa moi rara e moi misteriosa xa que nela de noite acontecían cousas moi raras .A casa ten tres pisos e un ático. Ten moitos tellados e algúns estanse a derrubar, está feita dunha pedra negra, ten varias chemineas pero so bota fume unha delas, as súas ventás son de madeira e ten algún cristal roto en case todas, a porta da casa e de madeira de carballo, ten unhas bisagras moi ríxidas xa que cando se abre renxía moito. A porta da entrada a finca e de ferro, alta e cuns picos na cima para que ninguén poida entrar, ten un bo cerre de tea metálica e arredor dela uns abetos para que non se poida ver o que pasa dentro. Todos os rapaces da vila se preguntaban que habería dentro da casa e como seria a bruxa que vivía nela, ninguén quería falar cos rapaces diso so lles dicían que non entraran baixo ningún concepto.
Unha vez ,uns rapaces que estaban xogando o fútbol o lado da casa nun pequeno prado, un rapaz deu un balonazo que cruzou o cerre da casa, os outros convencérono para que fose pola pelota e poder seguir xogando, o rapaz fixo un pequeno burato por debaixo do cerre, colleu o balón e botouno para o prado, pero cando o rapaz ía cruzar colleuno a bruxa Raquel e levouno dentro. Os rapaces seguiron xogando o fútbol mentres pensaban que o seu compañeiro estaba a cruzar cerre, pero pareceulles que xa tardaba moito, todos marcharon para a súa casa contárllelo a seus pais, non se volveu saber nada máis do rapaz pero dise que a bruxa fixo un bo caldo con el, pero so e o que se di.


martes, 27 de mayo de 2008

Semana da poesía

As exposicions esaban moi ben Había dende dardos ata unha consola na que podias xogar a un xogo de rock. Os compañeiros de bacharel explicaban ben os xogos e eran divertidos. O que mais me gustou foi un adicado a Shaila Arean Vázquez. Por que era o único que non trataba sobre poetas xa moi coñecidos e porque tiña poemas moi ben feitos. Tamen me gustou moito o de Gonzalo e Diego Rizo porque era entretido e bastante divertido. En fin foi unha hora de bo proveito, e aprendin bastante.

martes, 13 de mayo de 2008

relato curto


Estaba un día na miña casa e vin un unicornio comendo unha pouca herba nun prado, ó coller un ramallo de herba, tragou unha moeda de 5 céntimos, nisto pasou unha galiña nun patinete, baixouse del e axudoulle o unicornio a botar a moeda fora, como recompensa o unicornio deulle a moeda que tragara e seguiu comendo, a galiña subiuse o seu patinete coa súa moeda e liscou para a casa.

martes, 22 de abril de 2008

monologo interior

Ola xente!!!! que tal todo despois deste tempo???? espero que ben.....

Hoxe vouvos escribir un monologo interior que fixemos en clase de tecnicas de expresión escrita con Regina....pero xa volveu Susana.....



Non sei que facer cos filetes...¿¿unhas patacas??...¿¿sairíalle ben ou mal o exame a Raquel??...¿¿aceptarian o meu proxecto na oficina??espero que si...creo que era bo....¿¿vira cear o rapaz ou sairá cear fora??...Raquel tiña o exame ben preparado...pero nunca se sabe...seguro que había proxectos mellores co meu...pero...¡¡non me podo esquecer de lavar a vaixela do xantar de onte!!...¿¿sería moi longo o exame??...creo que si porque se retrasou da hora que contaba vir...teño o teléfono na cociña...teño que ir por el...



bueno un saudo a Regina...e outro a Susana...alegrome de que viñeras...jejejejeje

saudos a todos

martes, 25 de marzo de 2008

A Segunda Avaliación

Ola!! aquí volvemos estar despois das pequenas vacacións de Samana Santa pero merecidas...jejeje.
Hoxe vouvos falar de como me foi na segunda avaliación deste curso medio difinitivo para a nosa ensinanza obrigatoria.
En principio imos dicir a verdade; foi moi mal para os pais pero non tanto para min.....
Esta avaliación foi moi curta xa que só durou dous meses escasos, houbo asignaturas que se me deron mellor ca outras pero creo que eso é normal, deixei dúas (Lengua Castellana e bioloxía) así que non foi tan mal xa que na primeira deixei tres. Lengua Castellana é normal que a deixe pero bioloxía non tanto sempre se me deu bastante ben pero desta non foi así.
E aínda aprendín bastantes cousas aínda que algunhas xa me esqueceron e espero que para a terceira avaliación sexa mellor e aprobar todo para pasar un bon verán.

martes, 11 de marzo de 2008

lenda do cebreiro


Ola xente, hoxe vouvos falar un pouco da lenda do Cebreiro do Santo Graal.
O santo Graal é o cálice co que Xesucristo celebrou a última cea.
Unha tradición sostén que sobre o altar da capela lateral da igrexa estaba celebrando a eucaristía, un sacerdote benidictino. Un día de inverno en que a neve amontoábase fóra pensaba que ninguén iría á misa, pero equivocouse. Un home devoto, chamado Juan Santín ascendeu ao Cebreiro para participar na santa misa. O monxe menospreciou o sacrificio do campesiño pero no momento da consagración percibiu como a hostia se convertía en carne e o cálice en sangue querendo a sua maxestade abrir os ollos, e pagar tan grande devoción, como mostrou aquel bon home indo oír misa con tantas incomodidades.