Raquel era unha bruxa que vivía nunha casa moi rara e moi misteriosa xa que nela de noite acontecían cousas moi raras .A casa ten tres pisos e un ático. Ten moitos tellados e algúns estanse a derrubar, está feita dunha pedra negra, ten varias chemineas pero so bota fume unha delas, as súas ventás son de madeira e ten algún cristal roto en case todas, a porta da casa e de madeira de carballo, ten unhas bisagras moi ríxidas xa que cando se abre renxía moito. A porta da entrada a finca e de ferro, alta e cuns picos na cima para que ninguén poida entrar, ten un bo cerre de tea metálica e arredor dela uns abetos para que non se poida ver o que pasa dentro. Todos os rapaces da vila se preguntaban que habería dentro da casa e como seria a bruxa que vivía nela, ninguén quería falar cos rapaces diso so lles dicían que non entraran baixo ningún concepto.
Unha vez ,uns rapaces que estaban xogando o fútbol o lado da casa nun pequeno prado, un rapaz deu un balonazo que cruzou o cerre da casa, os outros convencérono para que fose pola pelota e poder seguir xogando, o rapaz fixo un pequeno burato por debaixo do cerre, colleu o balón e botouno para o prado, pero cando o rapaz ía cruzar colleuno a bruxa Raquel e levouno dentro. Os rapaces seguiron xogando o fútbol mentres pensaban que o seu compañeiro estaba a cruzar cerre, pero pareceulles que xa tardaba moito, todos marcharon para a súa casa contárllelo a seus pais, non se volveu saber nada máis do rapaz pero dise que a bruxa fixo un bo caldo con el, pero so e o que se di.
jueves, 29 de mayo de 2008
a casa misteriosa
martes, 27 de mayo de 2008
Semana da poesía
As exposicions esaban moi ben Había dende dardos ata unha consola na que podias xogar a un xogo de rock. Os compañeiros de bacharel explicaban ben os xogos e eran divertidos. O que mais me gustou foi un adicado a Shaila Arean Vázquez. Por que era o único que non trataba sobre poetas xa moi coñecidos e porque tiña poemas moi ben feitos. Tamen me gustou moito o de Gonzalo e Diego Rizo porque era entretido e bastante divertido. En fin foi unha hora de bo proveito, e aprendin bastante.
martes, 13 de mayo de 2008
relato curto

Estaba un día na miña casa e vin un unicornio comendo unha pouca herba nun prado, ó coller un ramallo de herba, tragou unha moeda de 5 céntimos, nisto pasou unha galiña nun patinete, baixouse del e axudoulle o unicornio a botar a moeda fora, como recompensa o unicornio deulle a moeda que tragara e seguiu comendo, a galiña subiuse o seu patinete coa súa moeda e liscou para a casa.
martes, 6 de mayo de 2008
Suscribirse a:
Entradas (Atom)