Ola!! aquí volvemos estar despois das pequenas vacacións de Samana Santa pero merecidas...jejeje.
Hoxe vouvos falar de como me foi na segunda avaliación deste curso medio difinitivo para a nosa ensinanza obrigatoria.
En principio imos dicir a verdade; foi moi mal para os pais pero non tanto para min.....
Esta avaliación foi moi curta xa que só durou dous meses escasos, houbo asignaturas que se me deron mellor ca outras pero creo que eso é normal, deixei dúas (Lengua Castellana e bioloxía) así que non foi tan mal xa que na primeira deixei tres. Lengua Castellana é normal que a deixe pero bioloxía non tanto sempre se me deu bastante ben pero desta non foi así.
E aínda aprendín bastantes cousas aínda que algunhas xa me esqueceron e espero que para a terceira avaliación sexa mellor e aprobar todo para pasar un bon verán.
martes, 25 de marzo de 2008
martes, 11 de marzo de 2008
lenda do cebreiro

Ola xente, hoxe vouvos falar un pouco da lenda do Cebreiro do Santo Graal.
O santo Graal é o cálice co que Xesucristo celebrou a última cea.
Unha tradición sostén que sobre o altar da capela lateral da igrexa estaba celebrando a eucaristía, un sacerdote benidictino. Un día de inverno en que a neve amontoábase fóra pensaba que ninguén iría á misa, pero equivocouse. Un home devoto, chamado Juan Santín ascendeu ao Cebreiro para participar na santa misa. O monxe menospreciou o sacrificio do campesiño pero no momento da consagración percibiu como a hostia se convertía en carne e o cálice en sangue querendo a sua maxestade abrir os ollos, e pagar tan grande devoción, como mostrou aquel bon home indo oír misa con tantas incomodidades.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)